lunes, 17 de mayo de 2010

Dia Das Letras Galegas.



Bom, hoxe é un día que toca ter un pouco de seriedade, ainda que nestes dias sexa a hostia de dificil selo.
Eu nacín en Ferrol, esta é unha pequena cidade no norte de Galicia. Galicia a sua vez é un territorio ao noroeste do estado español que fai fronteira con Portugal. Galicia ten unha cultura propia, e polo tanto unha lengua propia, o galego. Hoxe 17 de Maio celebrase o Día Das Letras Galegas, este ano en honor a Uxío Novoneyra. Este día é unha celebracion da lingua, da literatura é da cultura galega que vense facendo dende 1963 e debese a data a publicacion no 17 de Maio de 1863 do primeiro exemplar de Cantares Gallegos de Rosalía de Castro na Habana e o comezo do que se denominou Rexurdimento. Eu non son unha erudita da literatura galega, tampouco falo ben galego. A excelencia no galego foi algo que privouseme e privase a moitos rapaces e rapazas. A miña familia é 100% castelan falante, o meu primeiro contacto co galego foi na escola e cun programa as tardes chamado o Xabarin Club dedicado a mocidades galega, non tiven unha amizade galego-falante practicamente ate os 17 anos, eu non falei galego "fluidamente" ate que mudeime a Santiago con 18 anos, e nunca tiven unha ensinanza 100% en galego. A día de hoxe con 25 anos, falo galego como podo, mais non son excelente na minha lingua como seguramente chegarei cos anos a se-lo co inglés. Hoxe vivo en Copenhagen, a medida que pasa o tempo a minha mellora do ingles é un feito e o deterioro do galego vai crecendo, dende aqui, doulle as grazas a minhas amizades galego falantes, e a serie Padre Casares (sí momento freak), se non fora por esas duas cousas o meu galego ainda sería mais pobre do que xa é. Eu tomo responsabilidade nisto, e sei que so día de mañá tenho fixos eu esixireilles o que a mín nunca se me esixiu, a excelencia no galego.
Pese a que minha familia é 100% castelan falante o Día Das Letras Galegas foi algo que sempre celebrouse. Hoxe gostaría de estar en Santiago para manifestarme a favor da lingua, e dunha politica sen sentido, sendo hoxe a poblacion galega testigo da peor administración cultural en toda a historia da Galiza democratica. Como celebracion, a minha irma e mais eu recuperamos os temas en fala galega que mais nos gostan e que cremos acertados para o dia como hoxe.

P.D: A foto foi sacada este mes de Abril, na rua Rio Castro, en Ferrol.








3 comentarios:

  1. Creo que son os meus temazos favoritos en galego, bueno falta algún que outro pero non é fácil atopar este tipo de cousas na rede.

    Feliz día das letras galegas, irmá!

    ResponderEliminar
  2. eeeeessssaaaaaaa!!!!!
    eu recomendo a versión de San Antón de Policarpo e Teño Saudade... e Marful (estivo uxia pedreira o venres en Ferrol) e mola moito esta muller e Aqui Canto de Brroguetto, e Economia sumerxida de Os Resentidos...e tantas tantas outras

    ResponderEliminar
  3. E Ana Kiro, por qué non? :P Gustei moito do post.

    ResponderEliminar